22 sept 2012

DESEXOS PARA ESTE CURSO

Ola a todos/as e benvidos ás familias e alumnado que estades por primeira vez no Valle Inclán.
Xa levamos 10 días de cole que nos deron tempo a coñecer profes, compañeiros e contar as experiencias do verán. Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega quixemos que os nenos/as expresasen os seus desexos para este novo curso, como veredes no video estes primeiros desexos foron moi variados, dende propios da escola, ata recompensas para cando remate o curso e tamén mención a mestres; esperamos ter unha segunda entrega de desexos, por iso animamos aos alumnos a colgalos no taboleiro do equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario