Letras Galegas 2016
Manuel María
Manuel
María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María (Outeiro de Rei,
Lugo, 6 de outubro de 1929 - A Coruña, 8 de setembro de 2004) foi un poeta
español en lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e o seu
compromiso político. Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o
compromiso político, a denuncia de defectos, a etnografía, a física, a historia,
a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do
tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou
a xeografía.
Para conmemorar o Día das Letras
Galegas que este ano e lle adica a Manuel María,
que se celebrará, coma todos os anos, o vindeiro 17 de maio, o EDLG
do Valle
Inclán está a preparar unha selección de recursos para que podades
consultar e traballar na aula.
Este é o mural que o alumnado de 6ºB elaboraou
para a data.
Se premes na imaxe de arriba
poderás aceder a unha publicación do
…., a cal está na carpeta laranxa da sala de mestres.
Se premes nas imaxes de abaixo,
poderás aceder a uns materiais con
diferentes actividades.
Actividades premendo nas imaxes:
Se o que desexas é dar unha voltiña virtual pola Casa-Museo de Manuel María, podes facelo premendo na imaxe de abaixo.
Biografía
Manuel María
era fillo de dous labradores acomodados, Antonio
Fernández Núñez e Pastora Teixeiro
Casanova. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato, e nesta
cidade comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de vinte
anos, no ciclo de conferencias "Novas
valores lucenses", co que entrou en contacto cos integrantes do
faladoiro do café Méndez Núñez (Luís Pimentel, Ánxel Fole, Juan Rof
Codina...), que lle puxeron en contacto co galeguismo.
En
1950 publicou o seu primeiro poemario, Muiñeiro
de brétemas, co que se inaugurou a denominada "Escola dá Tebra". En 1958 instalouse en Monforte de Lemos
(Lugo), cidade na que permaneceu durante a maior parte da súa vida, como
procurador dos tribunais e á que dedicou un poemario (Cancioneiro de Monforte de Lemos); ao ano seguinte casa con Saleta Goi. Nos axitados ano sesenta e
setenta, Manuel María participou na
reorganización política, na clandestinidade, dos partidos nacionalistas
galegos, á vez que colaboraba con numerosas organizacións dedicadas á
recuperación da cultura galega impartindo conferencias e recitando poemas.
Presentou
tamén a Nova Canción Galega. Sendo a
poesía o seu xénero preferido, incursionó tamén no ensaio, a narrativa e o
teatro. Pasou dunha postura existencialista pesimista cara ao compromiso social
e político.
En
1979 foi elixido concelleiro de Monforte polo Bloque Nacional Popular Galego, pero en 1985 abandonou o seu cargo
público e, sen deixar nunca a militancia política, dedicouse por completo á
actividade literaria e cultural, asentándose na Coruña. Unha das últimas
campañas coas que colaborou foi coa de Burla
Negra e a Plataforma Nunca Máis a
raíz do desastre do Prestige.
Curiosidades
O
comité de estudantado da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, tras
un incansable traballo, logrou que a aula 1.1 pasase a denominarse Aula Manuel María, en honra ao poeta e á
súa profunda colaboración coa facultade e o comité de estudantes en particular.
A apertura popular organizada polo comité levou a cabo o 22 de outubro de 2008
coa presenza de poetas galegos amigos de Manuel
María como Marica Campo ou Lois Diéguez e da súa viúva Saleta Goi.
Obra
Obras poéticas
1950, Muiñeiro
de brétemas
1952, Morrendo
a cada intre
1954, Terra
Cha
1954, Advento
1957, Auto
do taberneiro. 4 ventos
1958, Documentos
personaes
1960, Sermón
para decir en cualquier tiempo (en castelán)
1961, Auto
do labrego. Céltiga, 4
1962, Libro
de pregos
1962, Contos
en cuarto crecente e outras prosas
1963, Mar
Maior
1964, "A
poesía galega de Celso Emilio Ferreiro", Grial, 6
1965, "As
augas van caudales" Grial, 9
1966, "Os
alugados" Grial 14
1967,
"Raimon, poeta de noso tempo", Grial, 18
1968, Proba
documental
1968, Os
soños na gaiola
1968, Barriga
Verde
1968, Noticia
da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega
1969, Versos
pra un país de minifundios
1969, Versos
pra cantar en feiras e romaxes
1970, Remol
1970, Canciós
do lusco ao fusco
1971, A
Rosalía
1971, 99
poemas de Manuel María
1971, O
Xornaleiro a sete testimuñas máis
1972, Odas
nun tempo de paz e de ledicia
1973, Aldraxe
contra a xistra
1973, Informe
pra axudar a alcender unha cerilla
1973, Laio e
clamor pola Bretaña
1973, Cantos
rodados para alleados e colonizados
1976, Poemas
para construír unha patria
1977, O
libro das badaladas
1977, Poemas
ó outono
1978, Catavento
de neutrós domesticados
1979, As
rúas do vento ceibe
1982, Escolma
de poetas de Outeiro de Rei
1982, Versos
do lume e do vagalume
1985, O
camiño é unha nostalxia
1984, Cantigueiro
do Orcellón
1984, A luz
resuscitada
1986, Oráculos
para cavalinhos-do-demo
1986, Ritual
para unha tribu capital do concello
1988, As
lúcidas lúas do outono
1988, Sonetos
ao Val de Quiroga
1989, Saturno
1990, Cancioneiro
de Monforte de Lemos
1991, Compendio
de orballos e incertezas
1991, Hinos
pra celebrar ao século futuro
1992, Panxoliñas
1993, Os
lonxes do solpor
1993, Antoloxía
poética
1993, A
primavera de Venus
1993, Poemas
a Compostela
1994, Cantigas
e cantos de Pantón
1994, Poemas
para dicirlle a dúas lagoas
1996, O
Miño, canle de luz e néboa
1997, Sonetos
á casa de Hortas
2000, Brétemas
de muiñeiro
2000, Camiños
de luz e sombra
Obras dramáticas
1957, Auto
do taberneiro
1961, Auto
do mariñeiro
1970, Barriga
verde
1976, Unha
vez foi o trebón
1979, Aventuras
e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela
1979, Auto
trascendental do ensino tradicional
1979, Farsa
de Bululú
No hay comentarios:
Publicar un comentario