A castaña e o día de defuntos aparecen asociados desde tempos inmemoriables á festa do magosto, que se celebra na primeira quincena de novembro xa que comenza un novo ciclo coa chegada do inverno o que supón a "morte da luz"
Segundo as crenzas antigas as castañas era o símbolo da alma dos defuntos e por iso cada castaña que se comía liberaba un alma do purgatorio. É pois un período de intensa comunicación entre os habitantes de este e do outro mundo coincidindo coa celebración do Samaín.
Era unha festa obrigatoria en tempos dos celtas e quen non asistía corría o perigo de perder a razón.
O costume para comer castañas asadas con motivo da festividade da "festa das ánimas" foi común en toda a zona norte da península. Os vascos chámanlle "kastañarre-eguna", os cataláns "casnyadas", en Galicia "magostos" e en Portugal "magustos".
Co paso do tempo a festa foi cambiando; as mozas achegaban as castañas e os mozos o viño que xa era novo. Tamén se comía pan de trigo e outros alimentos da época. Remataba o magosto con xogos e bailes. O xogo máis común era o de tiznarse a cara uns a outros. Os zonchos eran colares ou rosarios de castañas cocidas coa monda e atravesadas cun fío, esta é un costume que hoxe en día aínda se mantén.
Actualmente realízanse os magostos en case todos os lugares de Galicia, aínda que só se dea importancia ao feito para comer as castañas e facer a festa.
Ollade este video se queredes saber máis cousas desta festa
http://www.slideshare.net/letrasenrede/tempo-de-magostos
E se aínda queres aprender algo máis aquí tes a súa historia:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto
http://www.galiciaespallada.com.ar/magosto.htm
Informacións sobre o castiñeiro:
http://centros.edu.aytolacoruna.es/sfxabier/setembro.htm
E para rematar unha recopilación de poemas, adiviñas e lendas do magosto:
http://sites.google.com/site/outonomagosto/poemas-adivinas-ditos-e-refrans-do-outono
A gozar da festa cantando un rap.......
No hay comentarios:
Publicar un comentario