4 mar 2014

SEMANA DA PRENSA



 "SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA".(do 10 ao 14 de marzo) É unha commemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula e na que "alomenos un día trabállase na aula con xornais".

Na Web "EDUCACIÓN EN VALORES", atopamos cinco boas razóns para levar a prensa á escola:

1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.
2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.
3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.
4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.
5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.



Dende Prensa-escola se nos propoñen sete razóns para ler o xornal na clase que son:

1.Lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor.

2. Estarás informado do que acontece ao teu redor e poderás opinar sobre distintos temas.

3. Poderás reflexionar sobre a actualidade, ser máis crítico e que non che dean gato por lebre.

4. Saberás de que falan os maiores, poderás discutir con eles sobre temas importartes e mesmo ¡levarlles a contraria!

5. O xornal será o teu mellor libro de texto:distinto cada día.

6. Convertirase na túa novela de aventuras favorita e irá contigo toda a vida.

7. E saberás que poñen no cinema, na tele, que se leva esta tempada, como vai a Liga... E moitas máis cousas que de seguro che intereserán.

http://www.prensaescuela.es/archivos/VE20110302.pdf#page=6



DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR (15 marzo). Este día ten a súa orixe nunha declaración feita polo ex-presidente dos Estados Unidos, John F. Kennedy, sobre catro dereitos básicos:

·         Dereito a produtos e servizos seguros.

·         Dereito a ser informado/a.

·         Dereito a elexir.

·         Dereito a ser escoitado.

Posteriormente a estes catro dereitos engadíronse outros catro:

·         Dereito á satisfacción de necesidades básicas.

·         Dereito a ser compensado/a.

·         Dereito á educación.

·         Dereito a un medio ambiente san.

O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor celebrouse por primeira vez o 15 de marzo de 1983.



 


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario