8 feb 2015

ENTROIDO


O Entroido Galego

Image



O Entroido é unha das festas máis importantes do calendario galego.
Non se sabe con certeza a súa orixe, pero é a indicación da fin do inverno e o comezo da primavera.
Do termo "Introitum"(que significa "a entrada á Coresma") xurdiu a palabra "Entroido" ou "Antroido".
Os máis famosos son os celebrados en Ourense e Lugo, coma os de Laza, Verín e Xinzo.

* Entre os chamados "ritos de grupo" temos:

. Os Cigarróns: personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín). As Pantallas amolan    ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire (moi común no Entroido de Xinzo da Limia).
  • Os Peliqueiros (coma en Laza): personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres, animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados, simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas.
  • Os Correos: van pola veciñanza ofrecendo que os Xenerais "canten" a cada unha das casas a cambio dunha doazón. Os Xenerais, vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro aos uniformes do século XIX.
  • Os discursos coma os testamentos, os arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo os referidos aos veciños e ás institucións públicas.
RECURSOS PARA TRABALLAR NAS NOSAS AULAS
 
 
http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2015

http://galieconenos.blogspot.com.es/2011/02/recursos-entroido-mascaras-antifaces.html

http://bibloenforcarei.blogspot.com.es/p/entroido.html

https://sites.google.com/site/bibliocole/entroido-recursoseducativos


Un poema de entroido recitado por unha nena de primeiro de primaria...


 
O ZigarróN en Verín......
 
 
 
 
e non podía faltar o pirimpimpín........
 
 
FELIZ ENTROIDO!!!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario