1 abr 2016

Día Mundial da Saúde

A saúde é un factor fundamental á hora de ter unha vida longa e de calidade. Por iso, para mantela é importante levar uns hábitos saudables. O 7 de abril celébrase o Día Mundial da Saúde. Aquí tes cinco ideas para conseguilo.

PROPOSTAS PARA LEVAR UNHA VIDA SAUDABLE

Para levar unha vida saudable é importante ter en conta distintos aspectos relacionados coa prevención e os nosos hábitos cotiáns. Aquí tes seis propostas con ligazóns para traballar cos teus alumnos.

1. Ter unha dieta equilibrada. Unha boa alimentación achegará ao noso corpo os nutrientes necesarios para que funcione correctamente, polo que é importante consumir todo tipo de alimentos con moderación.
2. Facer exercicio. A actividade física é fundamental para manter en forma as engrenaxes do noso corpo e eliminar as toxinas e o exceso de graxas. Conciencia aos teus alumnos da importancia de facer exercicio ou practicar algún deporte.
3. Descansar correctamente. Para repoñer enerxía e recuperarse da actividade diaria, o noso corpo necesita entre oito e dez horas de soño. Informa os teus alumnos da necesidade de durmir ben e non roubar tempo ao descanso sentados ante o televisor ou o computador.
4. Manter unha boa hixiene persoal. Este hábito resulta esencial para previr a presenza de xermes e bacterias no corpo.
5. Evitar o consumo de sustancias tóxicas. O consumo de alcol, tabaco e drogas ten unha gran repercusión na saúde. Conciencia aos teus alumnos sobre a importancia de evitalos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario