SEMANA DE CELEBRACIÓNS
A semana pasada estivemos de celebración, coincidindo coa semana das bibliotecas escolares, o pasado 27 de outubro celebramos unha xornada de portas abertas na que disfrutamos de diversas actividades :
Alumnos de 1º e 2º nivel díronlle a benvida ao outono cunha fermosa canción
Por outra banda, este ano celebramos a chegada do Samaín decorando as portas das aulas e diferentes espazos do centro. Tamén fixemos unha gran exposición de cabazas que daban moito, moito medo.
Dende aquí queremos agradecer a participación e colaboración das familias na elaboración das mesmas xa que este ano, ademais de ser cabazas terroríficas, os nosos nenos e nenas adaptaron a decoración á temática do proxecto que estamos a levar a cabo no cole, así que tivemos unhas cabazas do agro moi orixinais e que nos fixeron tremer de medo.


Durante esta xornada, as familias tamén se animaron a participar nun concurso de postres terroríficos elaborados con produtos de outono (castañas, noces, figos, avelás, millo, cabazas, setas...) O resultado foi exquisito e os postres máis ocurrentes e máis elaborados recibiron un agasallo por parte do centro.
Por último, non podemos esquecer a presentación que se fixo, do novo proxecto no que estamos a traballar: "Mans de terra". Non dubidedes en pasar pola bitácora de "Mans de terra" para seguir todas as actividades nas que estamos a traballar e visitar as novas seccións que se estrearon recentemente : "Nos e as árbores" e "A música de Mans de terra"
No hay comentarios:
Publicar un comentario