"A LENDA DAS BOLBORETAS"
Un ano máis, no colexio, celebramos o "Día escolar da Non Violencia e da Paz". Os nenos e nenas fixeron un gran esforzo e traballaron a reo estos días axudándonos a decorar os corredores do centro. Multitude de pombas con mensaxes de Paz e bolboretas viaxaban polas paredes e teitos da nosa escola para conmemorar esta celebración.
Foron varias as actividades que levamos a cabo para conmemorar e reflexionar sobre este día tan importante:
"A lenda das Bolboretas"
Un gran mural coa "Lenda das bolboretas" decorou a porta de saída ao patio. Este espazo foi o punto de partida sobre o que cada nivel comezou a traballar esta lectura para facer diferentes reflexións e verbas en grupo.
Adxudicouse unha bolboreta diferente para cada nivel e os alumnos foron os encargados de decoralas con diferentes técnicas e multitude de cores.
Aquí tendes o magnífico resultado!!
Os nosos desexos de Paz
Cada nivel, en grupo, escribiu un DESEXO que despois lle susurraron ás bolboretas e que colocaron ao caron do pergamino coa lenda.
Cantiga de Paco Nogueiras "Apertas que voan" (Brincavai)
Durante as semanas previas a esta conmemoración, os nenos pasáronno xenial coa profe de múscia traballando a cantiga de Paco Nogueiras " Apertas que voan".
No hay comentarios:
Publicar un comentario