SEMANA DO AMOR E A AMIZADE
A semana pasada, celebramos a semana do amor e a amizade. Baixo o lema:
"MANS ARRIBA, ISTO É UNHA APERTA" levamos a cabo unha actividade na que pequenos e maiores pasamos unha xornada moi divertida. Profes e alumnos encargámonos de decorar unhas chapas con debuxos de alimentos da terra, pensando así no noso proxecto de centro "Mans de terra".
O xoves, todos nos aseguramos de levar ben visible a nosa chapa porque en canto nos atopasemos con outro compañeiro/a co mesmo logo (pera-pera, piña-piña...) tiñamos que pararnos e darnos unha gran aperta dicindo: "Mans arriba, isto é unha aperta"

Aquí vos deixamos algúns dos mellores momentos
SE VISITADES A BITÁCORA DE "MANS DE TERRA" PODEDES VER O FANTÁSTICO VÍDEO RESUMO DA NOSA ACTIVIDADE PARA O DÍA DA AMIZADE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario