HOMENAXEAMOS A NOSA LINGUA
Durante este mes de Abril, adicado ao libro, quixemos rendirlle unha especial homenaxe a nosa lingua lembrando a diferentes autores galegos/as. Cada titor escolleu a vida e obra dun autor para traballar na aula cos alumnos/as. Os rapaces amosáronse entusiasmados e animáronse a decorar as súas aulas con debuxos, poemas, citas, biografías...dos diferentes escritores.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do gran traballo que estiveron a facer.
Os nenos de Educación de Infantil descubriron entre outras persoaxes, ao noso querido Balbino de "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas, aprenderon o poema "O caracol" de Manuel María e ademais descubriron a figura do autor que da nome a nosa escola, o noso querido Valle-Inclan.
En 1º, os nos@s cativ@s aprenderon moitas cousas sobra a vida e obra de Antonio García Teijeiro e Ana María Fernández.
En 2ºA os alumnos estiveron a traballar a figura do escritor lucense Anxel Fole e a súa obra "A lus do Candil" (subtitulada Contos a carón do lume)
Os alumn@s de 2ºB, deleitáronnos cun gran traballo sobre a escritora ferrolana Ánxela Loureiro.
En 3º estudaron a Eduardo Pondal e á pontevedresa Fina Casalderrey.
En 4º traballaron a vida e obra de Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas.
@s nos@s alumn@s de 6º adicaron o seu traballo á figura da nosa queridísima Rosalía de Castro e ademais foi tal o esforzo e interese que xa están a traballar na representación dun anaquiño da súa obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario