5 ene 2016

30 de Xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O Día Escolar da Non Violencia e a Paz é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente e que se practica o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi. Nos países con calendarios escolares propios do hemisferio sur practícase o 30 de marzo ou algún dos días próximos.

O exdirector xeral da Unesco, Federico Maior Zaragoza, foi entrevistado por Global Education Magazine, dicindo que «temos que ser conscientes de que estamos a tempo de cambiar unha cultura de imposición, do medo, culturas baseadas na especulación económica de deslocalización da produción na guerra, que aínda son capaces de transformarse nunha cultura do diálogo, da reconciliación, da sociedade nunha cultura da paz».

Lanza do Vasto, discípulo directo do Mahatma Gandhi e fundador da Comunidade do Arca, nunha entrevista concedida en Sevilla (1976) dixo: "Sexa así en todas as vosas escolas. Establecede un día dedicado á Non-violencia".

Cando en 1998 a ONU proclamou o Decenio Internacional para unha Cultura da Paz (2001-2010) o Día da Paz levaba xa 36 anos practicándose en centros educativos dos distintos niveis de todo o mundo.

Irmáns das estrelas, letra de Llorenç Vidal e música de Andreu Bennàssar, é o himno deste Día. Existen, entre outros idiomas, unha versión catalá-balear do mesmo autor, unha en eúscaro realizada por Martin Goenaga Irastorza, unha en interlingua feita por Waldson Pinheiro (Brasil) e unha en galaico-portugués.



RECURSOS:          (preme nos enlaces)

Páxina 1 de recursos.

Páxina 2 de Recursos.

Páxina 3 de Recursos.

Páxina 4 de Recursos.

Páxina 5 de Recursos.




RECURSOS LIM:          (preme nas imaxes)


                    




LIBROS:          (preme no enlace)

Kalandraka




VÍDEOS:          (preme no enlace)


O homiño de papel (preme aquí)

























No hay comentarios:

Publicar un comentario