28 ene 2016

Entroido


O Entroido Galego

O Entroido é unha das festas máis importantes do calendario galego.
Non se sabe con certeza a súa orixe, pero é a indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. 
Do termo "Introitum"(que significa "a entrada á Coresma") xurdiu a palabra "Entroido" ou "Antroido".
Os máis famosos son os celebrados en Ourense e Lugo, coma os de Laza, Verín e Xinzo.



 Entre os chamados "ritos de grupo" temos:
ü Os Cigarróns: personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín). As Pantallas amolan    ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire (moi común no Entroido de Xinzo da Limia).
ü Os Peliqueiros (coma en Laza): personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres, animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados, simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas.
ü Os Correos: van pola veciñanza ofrecendo que os Xenerais "canten" a cada unha das casas a cambio dunha doazón. Os Xenerais, vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro aos uniformes do século XIX.
ü Os discursos coma os testamentos, os arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo os referidos aos veciños e ás institucións públicas.



RECURSOS PARA TRABALLAR NAS NOSAS AULAS
(preme nas imaxes)










Un poema de entroido recitado por unha nena de primeiro de primaria...





O entroido ... 


O entroido meco a través do tempo... 





No hay comentarios:

Publicar un comentario