12 nov 2016



OS CONTOS DOS AVÓS 

Resultado de imagen de abuelo contando cuento nietos dibujo colorear
Novembro é o mes adicado á tradición oral. Por iso, queremos convidarvos a todos a que participedes nunha actividade que nos axudará a conmemorar o fenómeno cultural da tradición oral.
 Hai moito tempo, os nosos avós e avóas tamén foron nenos e nenas, cos seus amigos, os seus xogos, as súas cantigas, arrolos, contos, trabalinguas, refráns... Por iso, dende o equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, queremos animarvos a que lle pidades aos vosos avós que vos conten un conto, unha historia ou lenda que coñezan desde que eran pequen@s.
Para axudarvos nos vosos exercicio de investigación, facilitarémosvos unha plantilla na que poderedes rexistrar de forma escrita o voso traballo e na que tamén podedes deixar aflorar a vosa creatividade e facer un debuxo, fotografía...

Esperamos os vosos contos!
Grazas por colaborar

No hay comentarios:

Publicar un comentario