10 nov 2016

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO

Son centos os refráns e ditos populares que de xeración en xeración se foron transmitindo para formar parte da nosa cultura. Ben sabido é por todos que os refráns serven para recordar á xente datos importantes sobre as costumes, o clima, os fenómenos atmosféricos, as estacións do ano e sobre todo as tarefas do campo. Todos e cada un deles son unha gran mostra da sabiduría popular e aínda permanecen moi ligados a nosa vida cotiá, principalmente á dos nosos maiores. Así que este ano quixemos lembrarlle aos nos@s nen@s, que comezou o tempo de sacar o trompo a bailar.

Aquí vos deixamos algúns dos traballos de investigación que os nen@s de 3º fixeron sobre o peón: debuxárono, investigaron sobre a data na que se celebra, as partes das que consta, as diferentes formas de xogo e como istas evolucionaron ao longo das diferentes xeracións...








E como non podía facerse esperar, os nosos alumnos xa se animaron e puxeron moitas ganas en facer bailar o peón.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do bo xeito que lle deron algúns nenos e nenas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario