FOTOGRAFANDO A OBRA DE ROSALIA
O pasado 24 de febreiro conmemoramos o nacemento da nosa escritora máis universal:
Rosalía de Castro, unha muller libre e comprometida coa súa terra. Ela foi a encargada de devolverlle ao galego o seu carácter de lingua culta e de ser precursora da poesía española moderna.
No colexio os nenos fixeron unha viaxe pola vida da nosa poetisa e pola súa obra.
Dende o equipo de dinamización e normalización da lingua galega, propuxemos unha actividade que titulamos: "Fotografando a obra de Rosalía". A cada nivel, entregóuselle un poema diferente que traballaron na aula cos respectivos titores. Ademais, coa colaboración das familias, pedíuselles que fotografasen un elemento da natureza que representase o poema. Os resultados non puideron ser mellores!
Grazas a todos pola vosa colaboración!!!
Grazas a todos pola vosa colaboración!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario