5 mar 2017


 8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de sair as rúas de Nova Yok a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.

Distintos movementos se sucederon a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral e un tempo para poder amamantar aos seus fillos. Durante esta folga, pereceron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se lle atribuíu ao dono da fábrica como resposta a esta folga.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora que actualmente se celebra  como Día Internacional da Muller.

Resultado de imagen de dia internacional da muller



Este ano, dende o EDNLG, propuxemos unha actividade na que baixo o título de : 
"A muller máis importante na miña vida é..." os alumnos terán que escribir unha pequena reseña sobre a muller que cada alumno/a considere máis importante para el/ela e por que. Esta reseña poderá acompañarse dunha foto ou debuxo da muller. Os traballos deberán facerse en tamaño A4, cartolina ou folio. 
Ao longo desta semana irémosvos contando máis novidades!!

Aquí vos deixamos diferentes ligazóns onde podedes acceder a diferentes actividades:


 WEBQUEST: MULLERES NA HISTORIA DE GALICIA



PROCURA DO TESOURO: Día da muller traballadora (CEIP Andrade)





 CONTOS:
A cenicienta que non quería comer perdices



 Unha feliz catástrofe
Rosa caramelo



LIBROS COEDUCATIVOS:

   
  - LECTURAS PARA A IGUALDADEPáxinas con diversas propostas de lecturas que xiran arredor da igualdade de xénero e da condición feminina. 


UNIDADE DIDÁCTICA:  EN IGUALDADE NIN UN PASO ATRÁS



ALBUM DE MULLERES GALEGAS



(Centro de documentación dixital para divulgar e   investigar a contribución das mulleres á sociedade e cultura galega)


Dende a biblioteca escolar, tamén se están a deseñar actividades para conmemorar esta data. Así que non esquezades darvos unha voltiña tamén pola nosa bitácora da biblio:http://valleinclanbiblioteca.blogspot.com.es , onde investigaredes e coñeceredes unha chea de mulleres traballadoras!

No hay comentarios:

Publicar un comentario